Os tests de antíxenos e as PCR son insuficientes por mor da alta demanda

A falta de recursos colapsa a Atención Primaria na Galiza

O Goberno galego insiste en que a pandemia está "controlada" na Galiza porque a ocupación hospitalaria é baixa. Porén, o país rexistra o maior número de casos activos desde marzo de 2020, e a inmensa maioría deles gardan corentena nos seus domicilios baixo o atento seguimento dos pouco máis de 2.600 médicos que conforman a Atención Primaria, unha especialidade que, advirten as e os profesionais, "xa está totalmente colapsada". Na última década perdéronse un cento de profesionais neste servizo.
Dúas persoas acceden ao Punto de Atención Continuada (PAC) de Maceda (Foto: Rosa Veiga / Europa Press).
photo_camera Dúas persoas acceden ao Punto de Atención Continuada (PAC) de Maceda (Foto: Rosa Veiga / Europa Press).
Comentarios