#sermos143: Entrevista a Xavier Vence e 1º de maio

Máis un semanario saído do prelo. Entrevista portavoz nacional do BNG e secretario xeral de Política Lingüística, achegámonos ao Día Internacional da Clase Traballadora... Isto e moito máis, xa á venda na nosa loxa.

unnamed

“O Bloque está en condicións de consolidar e reforzar o poder municipal do nacionalismo". Entrevistamos portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, nunha dupla páxina na que debulla a actualidade política e do nacionalismo a piques de entrar na campaña das eleccións municipais.

O Tema da Semana é ‘A clase traballadora toma a palabra’. O 1º de maio cobra este ano unha especial relevancia. Por continuar o agravamento dos efectos da crise e dos recortes nas condicións de vida da clase traballadora e pola dupla convocatoria electoral. A reportaxe vai acompañada dun artigo de Francisco Miranda, secretario confederal de Comunicación da CIG.

Entrevistamos Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística., que vén de presentar o “Plan de dinamización da Lingua Galega no tecido Económico” no Parlamento. Diríxese ao sector económico porque ese é, ao seu ver, un dos eixos principais para garantir o uso do galego. "O goberno non pode soltar policías lingüísticas".

En ‘Unha pobreza cada vez máis crónica’. A mensaxe de recuperación económica dos gobernos do PP confronta coa realidade de miles de galegos e galegas, sumidos na exclusión, e cos propios dados dos organismos públicos. Cada vez hai máis persoas sen ningún tipo de protección.

Novo hospital de Vigo, entre o desconcerto e a crispación’ O Sergas cesou por sorpresa o seu máximo responsable e colocou no seu lugar un dos sinalados como “responsábeis da política privatizadora da sanidade viguesa e galega”. O persoal denuncia que descoñece os plans da Xunta malia que a inauguración está prevista para xullo.

‘Un outro sector forestal para o monte galego’ É a terceira actividade industrial do país, con 22.000 empregos directos, e representa o 50% de toda a madeira cortada no Estado, facturando 1.700 millóns de euros anuais. Mais é o actual ramo da madeira o acaído e único posíbel?

"Son un autodidacta e coido que iso é un defecto" dinos na entrevista o adestrador do Somazas, Michel Domínguez. En Viaxes na Miña Terra percorremos O Teixedelo co Colectivo Xea, un impresionante bosque de Teixos.

Na sección de Textos publicamos o avanzo editorial de ‘Nacionalismo galego aquén e alén mar. Desarticulación, resistencia e rearticulación (1936- 1975)’ (Laiovento) de Uxío-Breogán Diéguez. Nunha entrevista, o historiador afirma que “a historia di que o nacionalismo consegue ser hexemónico cando está unido”.

E na contra-capa falamos con Xavinho, cantante do grupo Raiba. "Hoxe en día a música vese máis do que se oe”.

Máis en Só en papel
Comentarios