Unha ameaza chamada velutina

Desde 2012 a avespa asiática está a pór en xaque as producións de mel, mais non só, pois da polinización depende toda a actividade agraria.

San Sadurniño
photo_camera [Imaxe Concello de San Sadurniño]

Visualmente son semellantes á avespa crabro, a especie propia da Galiza, mais a velutina ou asiática non ten nada a ver e está a constituír un verdadeiro problema para a apicultura, a produción froiteira e mesmo a poboación.

Desde a súa chegada, por volta de 2012, á Mariña luguesa e ao Baixo Miño –procedente de Bordeux e Portugal­­ o número de exemplares de avespa velutina non fixeron máis que incrementarse ao longo do país.

Os principais focos, segundo as informacións oficiais publicadas pola Xunta, sitúanse na costa norte (desde Ribadeo até Ortegal), Culleredo, Sada, Oleiros, e, no sur do país, na comarca do Condado. Porén, desde a Casa do Mel das Pontes advirten que as cifras “non son fiábeis” pois a 
administración non está a rexistrar os niños detectados e retirados polas explotacións apícolas sen mediación de Tragsalec, a entidade encargada deste labor.

A reportaxe íntegra, unha dupla páxina, tela ao teu dispor no número 167 do semanario en papel. Podes facerte con el nos pontos de venda habituais e na nosa loxa

Máis en Só en papel
Comentarios