Estas son as persoas escollidas por Feixoo para encabezar as listas ao Congreso na Galiza

O presidente do partido, Alberto Núñez Feixoo, encabezará a lista por Madrid; a secretaria xeral, Cuca Gamarra, a da Rioxa, e o coordinador xeral, Elías Bendodo, a de Málaga.
Alberto Núñez Feixoo durante unha intervención no Senado. (Foto: Alejandro Martínez Vélez / Europa Press).
photo_camera Alberto Núñez Feixoo durante unha intervención no Senado. (Foto: Alejandro Martínez Vélez / Europa Press).

O Comité Electoral do PP reuniuse na mañá desta segunda feira para aprobar a lista dos candidatos que encabezarán as candidaturas de cada circunscrición da formación ao Congreso cos que concorrerá ás próximas eleccións xerais do 23 de xullo.

Así, no caso das catro circunscricións galegas, os nomes escollidos polos populares foron os seguintes. Pola Coruña será Miguel Tellado, número ‘2’ de Feixoo ex portavoz parlamentario do PP no Parlamento da Galiza, quen encabeza a candidatura ao Congreso.

O caso de Pontevedra será Ana Pastor que lidere a lista. Ex presidenta do Congreso e ex ministra de Fomento do Goberno español.

En Lugo o escollido foi Francisco Conde, actual vicepresidente da Xunta e conselleiro de Economía. Finalmente, pola circunscrición de Ourense, quen lidera a candidatura ao Congreso é Ana Vázquez actualmente deputada na propia Cámara Baixa e ex alcaldesa de Bande.

Outros postos

O presidente do partido, Alberto Núñez Feixoo, encabezará a lista por Madrid, a secretaria xeral, Cuca Gamarra, a da Rioxa, e o coordinador xeral, Elías Bendodo, encabezará a de Málaga.

O criterio utilizado polo Comité Electoral, que preside Diego Calvo (vicepresidente segundo da Xunta da Galiza), para seleccionar aos cabezas de lista foi o de “incluír persoas que contan cunha dilatada traxectoria política e lexislativa, así como unha contrastada experiencia en xestión pública e privada, con perfís que ademais de ter esta bagaxe formaron parte das estruturas do partido e realizaron un magnífico labor durante esta lexislatura”.

Comentarios