O Ministerio de Sanidade atende a proposta do BNG e valora usar a vacina rusa

Coa condición de que sexa aprobada pola Axencia Europea do Medicamento (EMA, polas súas siglas en inglés).
A ministra de Política Territorial e Función Pública, Carolina Darias (Foto: Jorge Gil / Europa Press).
photo_camera A ministra Carolina Darias (Foto: Jorge Gil / Europa Press).

A ministra de Sanidade, Carolina  Darias, abriu a porta a que o Estado español use a vacina rusa contra a Covid-19, coñecida como ' Sputnik V', coa condición de que sexa aprobada pola Axencia Europea do Medicamento (EMA, polas súas siglas en inglés).

"Imos recibir  entusiastamente calquera vacina que teña a autorización da  EMA, ese é a única marxe", sinalou  Darias durante a súa primeira intervención no Congreso dos Deputados como ministra de Sanidade, tras ser preguntada polo deputado de EH  Bildu Iñaki Ruiz de  Pinedo sobre a posibilidade de usar ' Sputnik V' en España ante o déficit de vacinas. Hai uns días o BNG rexistrou unha Proposición Non de Lei para instar o Goberno estatal a adquirir vacinas sen importar o país de procedencia das mesmas.

Darias defendeu a estratexia de compra anticipada da Comisión Europea como "un fito sen precedentes", e volveu a mostrar todo o seu "apoio" á comisaria de Saúde e Seguridade Alimentaria,  Stella Kyriakides, "na esixencia ás compañías para cumpran o asinado".

En calquera caso, defendeu que a vacinación eno Estado "está a avanzar a pesar das dificultades". "Estamos pendente de  AstraZeneca, que supoño que en breve imos saber as doses iniciais. Esperamos que a partir do mes de marzo prodúzase un importante incremento que nos poña noutro escenario para cumprir os obxectivos", remachou.

O ministro alemán de Sanidade, Jens Spahn, dixo hai uns días nunha entrevista co Frankfurter Allgemeine Zeitung que se poderían subministrar vacinas chinesas e rusas para superar a escaseza de doses das vacinas occidentais. "Máis alá do país onde se produciron, se as vacinas son seguras e eficaces, poderían axudarnos a superar a pandemia", di. Porén, está claro que primeiro deberían ser aprobados pola Axencia Europea do Medicamento, como é o caso doutras vacinas.

Comentarios