O PSOE presentará un discurso "pegado á realidade" da Galiza no debate de investidura

Lara Méndez traza as liñas da intervención de Besteiro
A deputada do PSdeG Lara Méndez, esta cuarta feira, no Parlamento galego. (Foto: Nós Diario)
photo_camera A deputada do PSdeG Lara Méndez, esta cuarta feira, no Parlamento galego. (Foto: Nós Diario)

A deputada do PSdeG Lara Méndez afirmou esta cuarta feira que o portavoz socialista, José Ramón Gómez Besteiro, despregará hoxe no debate da investidura de Alfonso Rueda unha intervención “pegada á realidade do país” e aos problemas e necesidades “reais” dos galegos e das galegas. 

Méndez anunciou propostas viábeis fronte á intervención de Rueda “sen proxecto nin estratexia” centrada unicamente en confrontar co Estado español.

Adiantou así que o portavoz do PSdeG presentarase esta quinta feira cunha intervención con propostas para blindar os servizos públicos e incrementar o autogoberno da Galiza. Besteiro reclamaralle ao PP “abandonar a confrontación estéril sen resultados positivos” para o país para centrarse no “impulso para situar Galiza onde merece como referente económico”.

A deputada sinalou que o proxecto alternativo que presentará o portavoz socialista será propio dunha “oposición leal e construtiva pero fiscalizadora da acción de goberno”, coa “man tendida” para poder chegar a alcanzar a acordos co Goberno galego.

Comentarios