A posíbel 'carretaxe' de votos en Avión por parte do PP chega a mans da xustiza

Avión converteuse no primeiro concello da Galiza en que o partido ultraespañolista e de extrema dereita, Vox obtivo representación da man de Lilian Cerdeira.
Inmediacións do xulgado de Ribadavia (Foto: Novos Aires por Avión).
photo_camera Inmediacións do xulgado de Ribadavia (Foto: Novos Aires por Avión).

O alcaldábel de Novos Aires por Avión, Darío Vázquez, e unha traballadora dunha residencia de maiores que declarou que fora despedida despois da xornada electoral, compareceron como testemuñas nunha denuncia presentada nos xulgados por suposta ‘carretaxe’ de votos por parte do PP neste concello, no cal os populares gañaron con maioría absoluta.

Segundo os documentos difundidos por eles mesmos coa declaración en sede xudicial, na residencia de maiores "só había papeletas" do PP nos días previos e houbo traslado de varias persoas co sobre do voto 'azul'.

De feito, membros da candidatura de Novos Aires por Avión, como Aladino Graña (que fora membro da corporación con Compromiso por Galicia) solicitaron a intervención da Garda Civil ante o que consideraban unha situación de posíbel fraude electoral.

Achegan fotos tamén nas cales aparece un vehículo deste corpo de seguridade.

Actualmente, esta cuestión está en mans do Xulgado de Ribadavia mentres que o reconto en Avión seguiu o seu curso sen que Novos Aires por Avión impugnase ningunha mesa.

Vox obtén edil

Avión converteuse no primeiro concello da Galiza en que o partido ultraespañolista e de extrema dereita, Vox obtivo representación da man de Lilian Cerdeira.

De feito, a formación liderada por Santiago Abascal ficou a poucos votos de obter unha segunda acta, o que lle tería arrebatado a maioría absoluta ao PP.

Comentarios