28-M

O ultraespañolismo de Vox obtén a súa primeira representante na Galiza

Lilian Cerdeira será edil en Avión.
Lilian Cerdeira, candidata de Vox en Avión.
photo_camera Lilian Cerdeira, candidata de Vox en Avión.

Nin nas municipais, nin nas galegas, nin nas xerais. A extrema dereita de Vox non lograra desde o seu nacemento representación de ningún tipo na Galiza... até a noite deste domingo 28 de maio. A formación que no Estado español lidera Santiago Abascal logra a súa primeira acta en territorio galego.

Do total de 39 candidaturas coas que a ultradereita concorría en todo o país, entre elas as sete grandes cidades e outros municipios moi poboados como Ames, Oleiros, Carballo ou Vilagarcía, finalmente foi en Avión, na comarca do Ribeiro, onde obtivo representación.

Eleccións en Avión.
Eleccións en Avión.

A súa candidata á Alcaldía, Lilian Cerdeira, sentará no consistorio de Avión os próximos catro anos após obter 176 votos (18,8%) nunhas eleccións nas que o PP revalidou a súa maioría absoluta mais perdeu un edil, quedando cun total de 5, con 457 votos (48,9%).

O segundo posto foi para Novos Aires Por Avión, con 269 sufraxios (28,8%), mentres a cuarta candidatura en liza, a do PSOE, apenas alcanzou 3% dos votos totais.

Comentarios