28-M

O PP dos Brancos, cuxo número 3 está condenado por violencia doméstica, gaña un edil

O PSOE, que tiña dous, perdeu un representante na corporación local.
Casa do Concello dos Brancos (Foto: Nós Diario).
photo_camera Casa do Concello dos Brancos (Foto: Nós Diario).

O PP logrou un total de seis edís nos Brancos, municipio da comarca da Limia no cal subiu un edil fronte aos resultados de 2019, cando conseguiron cinco concelleiros.

Desta maneira, co 100% escrutado, segundo os datos provisionais do Ministerio do Interior, o PSOE, que tiña dous, perdeu un representante na corporación local.

Condena

Dáse a circunstancia de que o número tres da lista do PP nesta localidade, José Manuel Barreiro Jardón, aínda ten pendente unha pena accesoria tras ser condenado a 20 meses de prisión e tres anos de imposibilidade de achegarse a menos de 200 metros da súa vítima, o seu pai, por un delito de violencia doméstica.

Os populares aseguraron, cando transcendeu a información por mor dunha denuncia do PSOE, que apartarían esta persoa do Goberno local, tras non lograr que pola súa propia vontade deixase a lista xa proclamada.

Comentarios