Os estatutos obrigan o PP galego a escoller novo presidente en abril

O mes máis decisivo para o PP da Galiza

Os populares galegos teñen diante súa o mes máis decisivo desde a sucesión de Manuel Fraga en 2006. Mentres Alberto Núñez Feixoo pon rumbo a Madrid en compañía dalgúns dos seu colaboradores máis próximos, como Mar Sánchez Sierra, secretaria xeral de Medios da Xunta, aceléranse os movementos para elixir o próximo presidente do partido na Galiza, a quen segundo os estatutos da organización correspóndelle ser o candidato á Presidencia da Xunta.

Alberto Núñez Feixoo e Pablo Casado na apertura do curso político do PP en Cerdedo-Cotobade (Foto: Marta Vázquez / Europa Press).
photo_camera Alberto Núñez Feixoo e Pablo Casado na apertura do curso político do PP en Cerdedo-Cotobade (Foto: Marta Vázquez / Europa Press).

Os estatutos do Partido Popular, aprobados no seu XVIII congreso estatal, decorrido en xullo de 2017, estabelecen como incompatíbel exercer ao mesmo tempo a Presidencia estatal do partido e idéntica responsabilidade nunha organización territorial, sexa de carácter local, provincial ou autonómica.

Así, no caso de ser Feixoo elixido presidente da formación no vindeiro congreso dos populares de 2 ou 3 de abril, algo que dan por feito na organización, debe renunciar ao cargo que actualmente ostenta como máximo responsábel dos populares galegos.

A presenza de Feixoo á fronte do PP da Galiza, conforme ao recollido nas normas internas da formación, non pode superar a data de 3 de abril. Neste sentido, os populares galegos deben resolver nas próximas semanas o seu proceso de renovación interno e escoller o próximo presidente do partido no país.

Os estatutos do partido fixan tres procedementos para acometer o relevo, como son a realización dun congreso extraordinario, o nomeamento dunha xestora ou a elección do novo presidente pola xunta directiva do PP da Galiza.

Segundo puido saber Nós Diario, a elección do novo presidente pola xunta directiva é a formula preferida polo círculo de Feixoo para resolver o conflito sucesorio na Galiza coa mínima tensión interna. Neste sentido, lembra, tamén, que os candidatos mellor situados para herdar ao mandatario galego, Alfonso Rueda e Diego Calvo, están suxeitos a un réxime de incompatibilidades na súa condición de máximos directivos do partido en Pontevedra e  na Coruña, polo que o seu salto á Presidencia do PP galego obrígaos a renunciar á responsabilidade que actualmente ocupan.

As funcións atribuídas nos estatutos ao presidente da formación determinan o nome do futuro candidato do PP á Presidencia da Xunta da Galiza. Así, no artigo 32.5 do documento, aprobado no congreso galego de xullo de 2021, afírmase que "a persoa titular da Presidencia do Partido Popular da Galiza, elixida polo Congreso, será a que encabece a candidatura do partido á Presidencia da Xunta da Galiza". Neste sentido, fica claro que á persoa elixida para liderar a formación vaille corresponder encabezar a candidatura a liderar o Goberno galego.

O mesmo artigo 32.5 dos estatutos do PP galego actualmente vixentes sinala que nos "supostos de dimisión, falecemento ou incapacidade de quen ocupe a Presidencia do PP na Galiza, a xunta directiva do partido, a proposta do comité executivo galego, designará a persoa que encabece a candidatura do PP á Presidencia da Xunta, cando non puidese realizar

Comentarios