Ayuso, Mañueco e Moreno apoian o presidente galego na súa guerra fronte a Casado

Núñez Feixoo, disposto a abandonar a Galiza para liderar o PP no Estado

Alberto Núñez Feixoo está disposto a ausentarse da Galiza para liderar o Partido Popular a nivel do Estado. As opinións vertidas nas últimas horas polo presidente galego, as consideracións emitidas polos principais medios de comunicación da dereita e o manifesto promovido desde o PP da Galiza solicitando a dimisión de Pablo Casado amosan claramente os seus obxectivos.

Alberto Núñez Feixoo e Isabel Díaz Ayuso (Foto: Europa Press).
photo_camera Alberto Núñez feixxo e Isabel Díaz Ayuso. (Foto:Europa Press).

As declaracións do mandatario galego sobre a crise do PP non deixan dúbidas en relación as súas intencións. Durante unha visita a Ourense na mañá de onte, Feixoo denunciou o "momento de convulsión" da súa formación.

"Tócalle asumir esa última decisión. É o presidente do partido e tócalle asumir esa última responsabilidade", sentenciou Feixoo, quen afirmou que "as decisións hai que tomalas cando é imprescindíbel facelo e na miña opinión é imprescindíbel facelo. Serán decisións que non serán fáciles, serán complexas, pero creo que deben ser urxentes porque o PP é a única alternativa a un moi mal Goberno do Estado", dixo.

Os populares galegos impulsaron na xornada de onte un manifesto asinado por dirixentes da formación no conxunto do Estado reclamando "a convocatoria de forma urxente dos integrantes do Comité Executivo" para "designar unha dirección provisional que se faga cargo das cuestións ordinarias do partido até" a realización "dun congreso" previsto de modo ordinario para o mes de xullo.

As palabras do mandatario galego e a declaración pública difundida desde a Galiza chegaron un día despois de que Feixoo mantivese contactos cos dirixentes territoriais do partido e lle reclamase a Casado a súa dimisión nunha conversa telefónica. A este respecto, o xornal El País indicou que Feixoo emprazou Casado a "renunciar xa" e considerou "insuficiente" a dimisión de Egea.

As dificultades da opción Feixoo

As fontes populares consultadas por Nós Diario confirmaron "a disposición de Feixoo de dar un paso adiante" e destacaron "o compromiso do resto dos baróns en facilitar o seu acceso á presidencia do partido por consenso". Na mesma liña, recoñeceron "as dificultades que poden xurdir no caso de aspirar á presidencia do Goberno" español, pois "isto obrigaríao a dimitir das súas responsabilidades na Galiza", onde "só pode ser relevado polos vicepresidentes Alfonso Rueda e Francisco Conde", por seren os únicos membros do Executivo que manteñen a condición de parlamentarios.

Os cadros populares interpelados por Nós Diario salientaron que o presidente galego "conta co apoio da práctica totalidade dos dirixentes territoriais da formación". Así, entres estes, destacan o presidente andaluz, Juan Manuel Moreno Bonilla, o castelán, Alfonso Fernández Mañueco, e a madrileña, Isabel Díaz Ayuso, quen anunciou onte a súa intención de non competir pola presidencia estatal da formación.

A dereita mediática madrileña, popularmente coñecida como "a caverna", aposta con total claridade pola alternativa de Feixoo. Se a sexta feira foi Federico Jiménez Losantos quen defendeu a proposta do presidente galego para dirixir o PP, o sábado ABC e El Mundo reclamaron a cabeza de Casado. O director de El Mundo, Francisco Rosell, chegou a cualificar Feixoo como "líder natural do PP".

As reaccións das forzas da oposición

Os movementos políticos dos últimos días de Feixoo foron valorados criticamente desde as filas da oposición. Neste sentido, a voceira do BNG, Ana Pontón, afirmou que "se até agora tiñamos un presidente sen alternativas e sen propostas do país para solucionar os problemas dos e das galegas, que pasará cun presidente que está máis preocupado por resolver as liortas internas do PP e máis pendente do seu futuro persoal que en atender os problema de Galiza, que é para o que se lle paga?".

O portavoz parlamentario socialista, Luís Álvarez, cualificou o PP "de destrutivo e, polo que se ve, de autodestrutivo".  "O PP, no que se integra o PP da Galiza aínda que pretendan ocultalo, concibe a política como unha repartición de poder, e non como un servizo público á cidadanía, polo que é a antip

Comentarios