ERC, Bildu, CUP e BNG reafirman o seu 'non' á reforma laboral se o Goberno pecha a porta a negociar cambios

Esquerra Republicana, EH-Bildu, a CUP e o BNG escenificaron esta quinta feira no Congreso unha fronte común para reafirmar o seu rexeitamento á reforma laboral en caso de non aceptar o Goberno negociar mudanzas e melloras no decreto lei acordado coa patronal CEOE e os sindicatos CCOO e UXT.
Néstor Rego (BNG), Jordi Salvador (ERC), Mireia Veh (CUP) e Mertxe Aizpurua (Bildu) no Congreso (Foto: Europa Press).
photo_camera Néstor Rego (BNG), Jordi Salvador (ERC), Mireia Veh (CUP) e Mertxe Aizpurua (Bildu) no Congreso (Foto: Europa Press).

ERC, Bildu, CUP e BNG defenden unha fronte común ante a negativa ERC, Bildu, CUP e BNG ante a negativa expresada Goberno estatal a aceptar mudanzas na reforma laboral.

Nunha declaración conxunta presentada no Congreso, representantes das catro formacións expresaron a súa "absoluta e sincera vontade para abrir un diálogo e negociación co Goberno" co fin de alcanzar un acordo para "unha reforma laboral ambiciosa, que dea resposta ás peticións e expectativas das persoas traballadoras e cumpra coa palabra dada á maioría traballadora".

Un acordo insuficiente

A xuízo destas formacións, a reforma laboral que debe someterse a votación a próxima semana no Congreso "non constitúe a derrogación da reforma laboral do 2012" e, aínda valorando medidas incluídas contra a temporalidade e a precariedade, consideran que "son totalmente insuficientes para alcanzar o obxectivo de restituír os dereitos laborais básicos arrebatados".

Malia sinalar que cada partido é autónomo á hora de decidir o sentido de voto para a validación ou derrogación do decreto lei a vindeira quinta feira, tanto o portavoz laboral de ERC, Jordi Salvador, como os portavoces de EH-Bildu, Mertxe Aizpurua; da CUP, Mireia Vehí; como o deputado de BNG, Néstor Rego, confirmaron que se o Goberno non se compromete a realizar cambios na reforma, o seu voto será negativo.

Entre as propostas que detallaron está a prioridade dos convenios autonómicos, a recuperación da indemnización de 45 días por despedimento improcedente e os salarios de tramitación, a volta da autorización administrativa para despedimentos colectivos ou a primacía total dos convenios de sector sobre os de empresa.

Achegamento de posicións

Salvador criticou que "persoas moi importantes do Goberno", sen citalas, asegurasen "que non se vai a tocar unha coma" do acordo, exercendo "o veto". Un grupo de persoas no que non encadra á vicepresidenta de Traballo, Yolanda Díaz, coa que recoñeceu que "o tacto é diferente" e na que detecta "un intento" por achegar posicións.

"Houbo intercambios, propostas, hai cousas nas que se pode chegar a acordos", recoñeceu, aínda que sinalou que, para mover a súa posición 

Comentarios