‘Queremos, podemos e votaremos’ Milleiros dinlle o TC que queren votar o 9N

Cidades e vilas catalás acolleron ducias de mobilizacións masivas convocadas por ANC e Òmnium contra a suspensión do referendo catalá polo Tribunal Constitucional. "Queremos decidir", afirman. 

CAT

Apenas 24 horas despois de que @s 12 maxistrad@s do Tribunal Constitucional español decidisen suspender a consulta catalá, milleiros e milleiros de persoas saíron ás rúas e prazas de cidades e vilas de Catalunya para reclamar o seu dereito a votar e rexeitar o veto do tribunal español. Malia poalla que caía en gran parte do país, as mobilizacións, convocadas por ANC e Òmnium, tiveron unha moi ampla asistencia en Barcolana, Lleida, Vic, Terrassa ou Tarragona, ateigando as zonas onde decorrían.

Queremos, podemos, votaremos’, ‘Queremos votar’ e ‘desobediencia, independencia’ foron algúns dos lemas coreados polas persoas asistentes. ERC. CUP e CDC apoiaban plenamente as concentracións, nas que tamén estiveron presentes cargos e militantes de Unió, IC-v, sindicatos, plataformas sociais, organismos ambientalistas, polo idioma, anti-despexos ou mesmo casals libertarios, entre moitos outros.

“Estamos ante a oportunidade de facer un país novo”

Nas concentracións deuse lectura a un manifesto no que se criticou a “total dependencia do TC do poder executivo español” así como se denunciaba “ o pouco respecto que os poderes públicos españois teñen polas reglas democráticas”.

“É unha gran oportunidade para construír un país novo e para resolver os problemas nacionais e sociais. Votar é democracia” finalizaba o manifesto.

Máis en Països Catalans
Comentarios