DIADA 2015

Perto de dous millóns de persoas na 'Via Lliure': “Benvidos á derradeira Diada da autonomía”

Centos de miles de persoas ateigaron Barcelona para tomar parte no acto a prol da independencia. “Isto non vai de bandeiras, vai de liberdade”, manifestaron desde a organización. A afluencia desbordou rúas e prazas da cidade e colapsou liñas de metro e transporte público. Desde ANC fálan de 2 millóns de persoas. A Garda Urbana rebaixa a asistencia en 1,4 millóns.

CAT1
photo_camera CAT1

Por cuarto ano consecutivo centos de miles de persoas tomaron parte na mobilización unitaria impulsada desde a sociedade civil a través de ANC e Òmnium na Diada de Catalunya. Se nas tres ocasións anteriores o 'dereito a decidir' era a palabra de orde, nesta ocasión foi a independencia. Sen tapuxos nin medias tintas. Independencia era o lema berrado polos centos e centos de miles que colapsaron a Meridiana de Barcelona, independencia era a palabra máis vista en camisolas, colantes ou voandeiras e independencia foi o demandado por todos os actores poñlíticos, sociais... que se mergullaron na mobilización da 'Via Lliure'. 'Vía libre cara á República catalá' era a palabra de orde oficial, remarchada polos constantes 'in-de-pende-den-cia' dos milleiros de asistentes.

CatBOA“Benvidos á derradeira Diada da autonomía”, dixo Monts Llussá, logopeda e xornalista que presentou o acto principal. “Isto non vai de bandeiras, vai de liberdade”, enfatizou contra os que desde o Estado tentan reducir o de Catalunya a unha simple cuestión de fervor identitario. Na mobilización, integrantes de Junts pel Si e da Cup, representantes de movementos sociais, xente do mundo da cultura e do deporte, simples cidadáns da pé... 'In-de-pen-den-cia!'

Metro colapsado

A afluencia de xente, a maré de persoas que asistiron a esta mobilización foi tal que o metro de Barcelona colpasou. Ao igual que as liñas de telefonía móbil. Había inscritas máis de medio millón de persoas para esta 'Via Lliure', mais o número final de participantes, á espera de cifras oficiais, superou amplamente ese medio millón, segundo todas as estimacións.

Jordi Sánchez (ANC) afirmou que ""volvemos facer historia, mañá teremos guerra de cifras, nós nunca as damos, mais quero decir que moitos medios xa falan de dous millóns de persoas nas rúas de Barcelona".

Presenza galega

Na Mobilización deste 11 de setembro houbo unha nutrida representación galega. Galeg@s emigrados en Catalunya asistiron á mobilización, pondo o ramo así a unha serie de actos impulsados por colectivos de emigrantes en apoio á soberanía catalá que se desenvolveron estes días. Ademais, unha delegación do BNG, encabezada por Xavier Vence e Ana Miranda e na que tamén estaba Camilo Nogueira, estivo en Barcelona para amosar o apoio ao pobo catalán. Até Barcelona e para tomar parte na 'Via Lliure' tamén se desprazaron galeg@s que non querían deixar pasar un ha xornada que cualificaron de ''histórica''.


 

Máis en Països Catalans
Comentarios