Xuíces colaboran co goberno para manter na escuridade a operación contra Bin Laden

Non se publicarán imaxes, polo que a discutida acción de Estados Unidos seguirá entre brétemas.

Osama bin Laden
photo_camera Osama bin Laden

Estados Unidos mantén o segredo e a porta aberta ás sospeitas despois de que un xuíz se negase a autorizar a publicación de imaxes da operación, cualificado por moitos como execución extraxudicial, que o 2 de maio de 2011 acabou coa vida de Osama bin Laden, considerado o líder de Al Qaeda.

Judicial Watch -un grupo conservador contrario ao presidente Obama- solicitou nos tribunais que o Departamento de Defensa e a CIA publicase as fotografías e vídeos sobre a polémica operación, mais o Pentágono asegura que non posúe imaxes, mentres que os servizos de Intelixencia admitiron ter 52 gravacións, mais non as sacara á luz grazas ás excepcións á Lei de Liberdade de Información recollidas na propia norma.

Tras esta medida, continuará sen se poder confirmar a nivel público o ocorrido en Paquistán, nunha invasiva acción de castigo do exército estadounidense que xa tivo varias versións oficiais diferentes e cuxa veracidade continúa entre brétemas.

Máis en Mundo
Comentarios