O Sergas é condenado a pagar 90.000 euros a unha muller declarada incapaz tras derivala á concertada para unha operación
Máis de dous meses e medio de espera por unha cirurxía
Abanca culmina a compra da vasca Bankoa
Morre Diego Armando Maradona
As primeiras informacións indican que sufriu un paro cardíaco na mañá desta cuarta feira na súa casa da localidade de Tigre.
A operación Paz Paz: a reorganización do PSOE na Galiza
Otegi pide o arquivo da causa aberta contra 9 independentistas galegos pola ‘Operación Jaro’
O portavoz nacional de EH Bildu e Pernando Barrena, responsábel de Relacións Políticas de Sortu, acrecentan a listaxe de persoas que piden o arquivo da causa que se mantén aberta contra 9 independentistas galegos a raíz daquel operativo policial.
Os independentistas detidos na “operación Jaro” defenden a legalidade de Causa Galiza
Após seren postos en liberdade o pasado 2 de novembro, os independentistas detidos na “Operación Jaro” compareceron publicamente para defender o traballo do seu traballo político en Causa Galiza.
A xuíza imputa Louzán, Caballero e 44 persoas máis na 'Operación Patos'
Acepta a petición da Fiscalía por supostas irregularidades en contratacións públicas e recepción ilegal de agasallos.
Operación da Garda Civil contra o "enaltecemento do terrorismo" nas redes sociais
Foron detidas 16 persoas entre Euskal Herria, Galiza, Castela e León, Catalunya, Madrid e País Valencía.
Máis dunha vintena de detencións nunha operación contra centros sociais
A policía española detivo por orde da Audiencia Nacional 26 persoas acusadas de "pertenza a organización criminal con fins terroristas" e "resistencia" á autoridade.
A Operación Zeta pon o foco en Beatriz Mato
Se unha xuíz se dirixe a un goberno para saber se unha conselleira fai parte del, é que estamos ante a máis que probábel imputación desa persoa. No mínimo iso é o que afirman as fontes xurídicas consultadas por Sermos Galiza. A xuíza tamén pon baixo sospeita os negocios de Pachi Lucas, o amigo íntimo de Feijóo, e pide información á unidade de delincuencia económica da policía.
A xuíza de Lara sinala Carlos Negreira na Operación Pokémon
Asegura nun auto que o alcalde coruñés podería ter sido coñecedor e consentidor dun presunto delito de contratación irregular continuada.
Os sindicatos esixen máis recursos en persoal para investigar a operación Zeta
O caso de presuntas fraudes en axudas públicas que afecta á contorna de Núñez Feijóo ao PP precisa de máis persoal, solicitude que a Xunta lle negou á Pokémon nun principio pero logo rectificou.
As forzas de asalto matan os dous presuntos autores do masacre do Charlie Hebdo
O xigantesco dispositivo policial -até 80.000 efectivos foron mobilizados en algún momento da busca- conclúe coa morte dos dous presuntos terroristas e coa liberación do refén. Tamén foi abatido o suposto jihadista que a quinta feira acabou coa vida dunha policía local en Montrouge, ao sur de París. Durante o asalto á tenda kosher en que se achaba atrincheirado, morreron 4 reféns.
Operación policial contra os sospeitosos do crime no 'Charlie Hebdon'
París acolle un importante despregamento policial que visa arrestar os sospeitosos do asasinato de 12 persoas no semanario satírico.
Elévase a 30 o número de persoas imputadas na trama da Operación Zeta
As primeiras declaracións dátanse para o vindeiro mes de febreiro. Crespo, presunto líder da trama, entre os primeiros en facelo.
Mais sobre a “Operación Zeta”: mentiras e manobras de despiste
O Presidente saca peito de novo: “Eu nom tenho nem terei nunca um intermediário, jamais vou permitir que falem no meu nome”.
Operación Zeta: nin comparecencia de Feijóo nin comisión de investigación
O grupo que apoia o goberno rexeitou as iniciativas da oposición para non "politizar" o caso.
Operación Zeta: así conseguiu o PP a alcaldía da Coruña
A chamada Operación Zeta (a Policía colle o nome da primeira academia de Gerardo Crespo, principal implicado) desvela cousas sobre o PP que non son nada novas, pero aparece tamén informacións moi interesantes, resultado dos rexistros e dos pinchazos de teléfonos, que poñen ao descuberto toda unha estratexia, perfectamente planificada, para conquistar a alcaldía da Coruña.