Jorge Fernández Díaz, ministro de Interior do goberno de Rajoy, amosou a súa discrepancia coa sentenza do Tribunal Constitucional que declara legal a Sortu. Nunha conferencia de prensa diante dos medios de comunicación lembrou a consigna do seu partido ao longo de todo o proceso de paz que está avivir Euskalherria: a esquerda abertzale ten que condenar o terrorismo, pedir perdón e entregar as armas.
O goberno español insiste en que a esquerda abertzale ten que pedir perdon
Agardar polo texto
O ministro de Interior buscou unha saída doada ás preguntas da prensa ao pedir "tempo" para estudar o texto da sentenza cando esta chegue a ser pública. Neste sentido non desbotou a posibilidade de que o seu departamento presente novos informes policiais segundo o contido da sentenza. Ao remate insistiu que non se está a negociar con ETA nin siquera no tema dos presos, remitíndose a actual situación "real" neste apartado.
O BNG celebra a legalización
Para o BNG a legalización constitúe "unha boa noticia para tod@s @s demócrat@s porque restitúe o dereito democrático de miles de cidadáns bascos a se expresaren libremente nos procesos eleitorais". Ademais a formación nacionalista criticou que o fiscal xeral do Estado afirmase, poucas horas antes de se coñecer este fallo positivo do Tribunal Constitucional, que el non era partidario da legalización.