Partido Galeguista

Representantes do Partido Galeguista con directivos do PNV. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

O Partido Galeguista reforza unha "amizade histórica" co PNV en Euskadi

Membros da Executivo nacional participaron en actos públicos de homenaxe, encontros coa emigración galega  e reunións de carácter puramente político.
Daniel Castelao en Montevideo, en abril de 1943.
CULTURA

O Partido Galeguista convoca unha grande homenaxe a Castelao en Rianxo

O Partido Galeguista invita a xuntar todas as entidades, asociacións e forzas políticas ou sindicais que se sintan próximas ao maxisterio exemplar do rianxeiro.
Manuel Filgueira xunto aos retratos de Luis André, Díaz Rozas, Iglesias Vilarelle, Filgueira González, Lozano Zuza e Pardo Múgica. (Foto: Nós Diario).
MEMORIA E HISTORIA

O legado oculto e silenciado dos pioneiros da psicoloxía clínica e educativa na Galiza

Xoán Vicente Viqueira, Eloy Luis André, Manuel Díaz Rozas, Antonio Iglesias Vilarelle, Manuel Filgueira González, Cándido Lozano Zuza e Ana María Pardo Múgica foron os pioneiros da psicoloxía na Galiza durante a primeira metade do século XX. Desde finais de 2023 teñen o recoñecemento oficial da facultade de Psicoloxía da USC, onde os seus retratos xa ocupan un lugar destacado de forma permanente.
Xosé María Massó
MEMORIA E HISTORIA

“O que matou ao meu marido foi o máis rico do pobo”

O día de Noiteboa de 1936 era asasinado o dirixente nacionalista de Bueu, Ricardo Gómez Buceta (Pontevedra 1898, Bueu 1936). O seu cadáver segue perdido e a memoria é o único cemiterio onde pode descansar.

Ordóñez, Mascato, Bustelo, Chesqui, Rey, Castro, Vila, Ameixeiras, Besteiro e Bravo, esta segunda feira, en Rianxo. (Foto: Xan Leira)
MEMORIA E HISTORIA

A emigración pide recoñecer Castelao primeiro presidente da Galiza

Representantes de entidades da Galiza en América mantiveron esta segunda feira un encontro en Rianxo.
Homenaxe a Johan Carballeira no pasado ano. (Foto: Concello de Bueu)
MEMORIA E HISTORIA

Bueu lembra Johan Carballeira no 86º aniversario do seu fusilamento

Un documental musical honrará a memoria do poeta.
Francisco Fernández del Riego. (Foto: RAG)
star
Análise

Francisco Fernández del Riego, 2023

Xoán Carlos Domínguez Alberte é profesor de ensino público e escritor.
A compostelá praza do Toural acolleu o acto de homenaxe a Casal (Foto: Henrique M.).
MEMORIA E HISTORIA

Compostela rende homenaxe ao seu ex alcalde, Ánxel Casal

A Coruña tamén reneu tributo a Alexandre Bóveda esta quinta feira.
No vixente Estatuto as nosas competencias víronse diminuídas, inseríndonos no chamado réxime común de financiamento. (Ilustración: Álex Rozados)
Análise

Política fiscal de máis a menos

"O que verdadeiramente lle convén a Galicia é a autonomía total no orde económico e fiscal". Alexandre Bóveda.

PG

Castelao, nun mitin en Lira (Carnota), en 1936. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

O Partido Galeguista, vivo após 90 anos

Ana Pontón afirma na homenaxe que o BNG é “o Partido Galeguista actual”.
Marta G. Martín, Miguel Anxo F. lores e Ana Pontón no 90 aniversario do Partido Galeguista.
POLÍTICA

O BNG conmemora 90 anos do Partido Galeguista: "O nacionalismo é a esperanza do pobo galego para termos futuro"

O BNG celebrou este 6 de decembro en Pontevedra un acto de homenaxe e conmemoración do 90 aniversario da fundación do Partido Galeguista, nacemento do nacionalismo político organizado.
Recibimento de Pere Comas, en nome da Generalitat de Catalunya, aos deputados galegos Castelao e Ramón Otero Pedraio o 20 de xullo de 1931. Fotografía tomada na parada do Paseo de Gracia (Barcelona).
star
90º Aniversario do Partido Galeguista

Partido Galeguista. A porta a un novo Estado

No ano 2015, a cantautora María Xosé Silvar 'Sés' publicou o seu disco Tronzar os valos. Nun dos versos do sinxelo homónimo, a artista di "para tronzar os valos/das rúas prohibidas". O Partido Galeguista, o que conseguiu para a Galiza o primeiro estatuto de autonomía, tamén tentou tronzar un valos históricos que cercan o noso país: os de conseguir o dereito 
a sermos nós, os galegos, os que escollésemos o noso destino como nación.
O grupo Rompente fala dos seus proxectos na entrevista da semana. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Rompente revela a Sermos Galiza 'que hostia din os rumorosos'

Non esquezas procurar o semanario que estará nos puntos de venda habituais o sábado e que analiza o percorrido do Partido Galeguista e reflexiona sobre a traxectoria multidisciplinar do creador Fernando Blanco.
Manuel Gómez Varela, o sexto pola dereita na fila de arriba, canda outros afiliados e simpatizantes do Partido Galeguista de Franza en Mugardos.
star
Reportaxes

Felipe Bello Piñeiro. O galeguista pintor, o pintor galeguista

Sempre intuín que Bello Piñeiro, quen mesmo bébedo seguía sendo don Felipe, non era só un excelente pintor. Hoxe sei que virtudes e defectos de Felipe Bello agacharon a súa personalidade polifacética, inmensa e variada cultura, notábel capacidade organizativa e o que veño tratar aquí, o seu activismo e sentimento galeguista sempre presente, recollendo pictoricamente as paisaxes da Galiza, e nese afán persistiu até a súa morte: "Amando ó meu país escoito a voz da sangre e pinto polo seu mandato. Eu nunca estiven equivocado no meu amor á terra". (Bello Piñeiro, 1951).
Ricardo Gurriarán (Foto: Arxina)
star
Entrevistas

Ricardo Gurriarán. As voces esquecidas

Poeta de combate. Tradutor. Peza imprescindíbel en proxectos culturais do exilio mexicano como as revistas Saudade e Vieiros. Secretario de Propaganda do Partido Galeguista en Barcelona, ao tempo que, como tenente do Exército republicano, organizaba a evacuación de galegos da batalla do Ebro. Colaborador de Galeuzca, do Consello da Galiza ou doutros proxectos que quedaron polo camiño, como a revitalización do Partido Galeguista na Transición. Son algúns dos méritos de Florencio Delgado Gurriarán, de quen falamos co seu principal biógrafo, Ricardo Gurriarán.   
Casal Cortes Estatuto
CULTURA

Galiza Cultura parabeniza a RAG pola escolla de Ánxel Casal como candidato ás Letras galegas de 2022

Considera que a figura de Casal xustifica por si soa un ano de celebracións en tanto que figura senlleira e fundamental para comprender o enorme avance da lingua e das letras galegas no primeiro terzo do século XX. 

Castelao en 2021

Sen ofuscacións metafísicas

Nacionalismo e marxismo (e II)