Roteiros xornalísticos e música para conmemorar o Día dos Medios en Galego

Co título de ‘A memoria da prensa en galego’, as rutas percorrerán diversas localidades do país durante o mes de febreiro. O día 22, na Coruña, haberá un concerto con De Ninghures e Fillas de Cassandra.

06-02-2024 Dia dos medfios en Galego-1
photo_camera Valentín García e Pablo García na presentación do Día dos Medios en Galego (Foto:: Arxina)

O próximo 7 de febreiro, como cada ano desde 2018, a Galiza conmemora o Día dos Medios en Galego, unha data que rende homenaxe á publicación xornalística escrita integramente na lingua propia do país, O tío Marcos d'A Portela, editada por vez primeira por Valentín Lamas Carvajal en 1876, en Ourense.

Seis anos despois de se pór en marcha esta iniciativa, a comunidade de prensa en galego continúaa medrar e suma xa máis de 130 o medios que o utilizamos a lingua propia da Galiza nas informacións do día a día, entre eles Nós Diario.

Esta terza feira Pablo García Chichas, presidente da  Asociación de Medios en Galego, e Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, presentaron en Compostela o programa de actividades para conmemorar esa data, un programa que estará marcado por tres aspectos: roteiros, música e divulgación.

García apuntou a que o Día dos Medios en  Galego é unha xornada "festiva e reivindicativa", e que este ano, ademais, coincide co 175 aniversario de Valentín Lamas Carvajal, "unha figura que é necesario lembrar". Neste sentido, indicou que están en elaboración unhas unidades didácticas que poderán descarregarse da web de Amega.

Pola súa parte, Valentín García dixo que Lamas Carvajal "tivo a ousadía" naquel tempo de publicar un medio en galego, e afirmou que "en calquera proceso de normalización dunha lingua é moi importante ter unha estrutura de medios que fagan uso do idioma". 

Roteiros e música

‘A memoria da prensa en galego’ é o título das xornadas e roteiros xornalísticos que se desenvolven nestes mes de febreiro co gallo do Día dos Medios en galego. Organizadas pola Amega e co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL), a primeira cita foi na Estrada o día 3. 

O 17 de febreiro os roteiros xornalísticos serán na Pobra do Caramiñal e en Compostela; e o día 24 dese mesmo mes, na Coruña. Todos eles veñen da man de diferentes actividades e propostas. O 22, na sala INN Club da Coruña habrá un concerto, no que participarán De Ninghures e Fillas de Cassandra

Comentarios