Política Lingüística subvenciona un concurso no que o galego pode ficar ausente

Prolingua di que nas bases do certame o galego figura como optativo.

Presentación Prolingua en Bos Aires
photo_camera Presentación Prolingua en Bos Aires

A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) asinou un convenio coa Orden del Camino de Santiago para custear un premio de 12.000 euros e a edición dun libro nun certame anual de novela de temática xacobea. Nas bases da convocatoria o galego só será optativo, polo que poderá resultar gañadora dun premio dotado con cartos para o galego unha novela en castelán. Esta é a denuncia que fai Prolingua, que lembra que a SXPL é o órgano da Xunta encargado da promoción do galego.

Os orzamentos para a política lingüística reducíronse nun 70%, afirma Prolingua, e levan neste nivel seis anos. “Recortáronse nesta mesma proporción as partidas para os ENDL dos centros de ensino; os programas de axuda aos SNL dos concellos foron aniquilados; practicóuselle a eutanasia aos Celga etc. Se do cada vez máis cativeiro orzamento para a SXPL desbotamos os gastos de mantemento, só nos quedarán para investir en accións normalizadoras unha media 0,73 euros por persoa. Un insulto”. 

Comentarios