sábado 23/01/21

Palabras con memoria: As froitas teñen lingua

(Foto: M. Arrazola)
(Foto: M. Arrazola)

choromelo.- (Ademais de significados xa rexistrados) Centro ou corazón da cebola.

Lugar de escoita.- Arbo

Fonte.- Pedro Salgueiro Sexto.

estepeiro.- Planta brava que nace nos montes ou valados.

Lugar de escoita.- Sur de Pontevedra.

Fonte.- Ramiro Ramilo. C.D. Atalaia de Vigo.

Outros apuntamentos.- Sinala a fonte que existe o licor de estepeiro e que a planta vale para facer enxertos.

landia.- Landra.

Lugar de escoita.- Arbo

Fonte.- Pedro Salgueiro Sexto.

mazá de pau para riba.- Variedade de pera.

Lugar de escoita.- Baiona.

Fonte.- Informante do Centro de Día de Baiona.

nixo.- Forma de denominar o níxaro. Froita redonda de rabo curto e con carabuña. Tamén a hai alongada.

Lugar de escoita.- San Adrián de Veiga (Ortigueira).

Fonte.- Avelina Piñón Rodríguez. (X. Ortigueira).

rabuda.- (Ademais de significados xa rexistrados) Caste de pera de rabo longo.

Lugar de escoita.- Couzadoiro (Ortigueira).

Fonte.- José Dovale Gómez/ (X. Ortigueira).

Outros apuntamentos.- Estas peras había que comelas máis ben verdes, pois de maduras estaban moi secas.

xuropatos.- Cogomelos.

Lugar de escoita.- Santa Mariña (Guitiriz).

Fonte.- Marica Campo Domínguez.

comentarios