Palabras con memoria: territorios

Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.
Unha muller recolle grelos da horta familiar na recta final da temporada no concello de Xermade, na Terra Chá. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
photo_camera Unha muller recolle grelos da horta familiar na recta final da temporada no concello de Xermade, na Terra Chá. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)

rumeiro.- Faixa de terreo sen cultivar arredor dunha leira, comareiro, cómaro, cómbaro.
Lugar de escoita.- Zona do Ulla.
Fonte.- Manuel Cabada Castro. 

tara.- (Ademais de significados xa rexistrados) Rocha elevada con pouca vexetación e difícil acceso.
Lugar de escoita.- O Courel.
Fonte.- Dun vocabulario courelao.

torno.- (Ademais de significados xa rexistrados) Curva moi pechada nun camiño.
Lugar de escoita.- O Courel.
Fonte.- Dun vocabulario courelao.

torroeiro.- Barranco non moi pronunciado.
Exemplo.- “Esvarou e caeu a tombos polo torroeiro abaixo.”
Lugar de escoita.- Moa - Vilatuxe, Serra do Candán (sudoeste do concello de Lalín).
Fonte.- Daniel Blanco Moa.
Outros apuntamentos.- Sinala a fonte que noutros lugares do concello torroeiro pasa a ser torreón.

tosca.- (Ademais de significados xa rexistrados) Bandas erguidas de xisto que sobresaen do terreo. Tamén laxas e pizorras.
Lugar de escoita.- Vilachán do Monte, Barrantes – Tomiño.
Fonte.- Informante do Centro de Día de Baiona.

Comentarios