Palabras con memoria: lingua fructificante

Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.
Carola é unha forma de se referir á noz. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Carola é unha forma de se referir á noz. (Foto: Nós Diario)

cadroso.- Cadrozo, carozo; parte dura do medio da mazaroca de millo.
Lugar de escoita.- Manle - A Baña (A Coruña).
Fonte.- J. J. López.

carola.- (Ademais dos significados coñecidos e recollidos nos dicionarios) Noz.
Lugar de escoita.- Oza de Teo.
Fonte.- María Canosa.
Outros apuntamentos.- Refire a fonte que nos dicionarios recóllese caroleira como nogueira, pero non a palabra rescatada como o seu froito.

carrabolás.- Sinónimo de carrabouxo.
Exemplo.- 'O Pepe do Parola dicía': “é pequeniña coma un carrabolás.”
Lugar de escoita.- Sober (Lugo).
Fonte.- Ángeles Pérez López.

encarnadiña.- Caste de mazá do país, encarnada e pequena.
Lugar de escoita.- Santo Adrián de Veiga (Ortigueira).
Fonte.- Avelina Piñón Rodríguez. (X. Ortigueira).

tenreira.- Clase de pera do país.Non son moi grandes. Boa cor, entre amarela e castaña. Parécese á fariñenta na figura (tira a redonda).
Lugar de escoita.- Miño (A Coruña).
Fonte.- José Mª Rodríguez Allegue. (X. Ortigueira).

Comentarios