Melide repartirá doces nos autobuses de doazón de sangue para promocionar a Festa do Melindre

Esta sexta feira, comezará na Coruña o reparto de “ricos”, os doces tradicionais exclusivos da terra de Melide, acción que se estenderá tamén a Lugo e Santiago a seguinte semana.

Melide Melindre doazóns sangue
photo_camera Acto no que se recoñeceu o Concello de Melide como antidade colaboradora de ADOS (Foto: Concello de Melide)

Un ano máis o Concello de Melide pon en marcha a colaboración con ADOS -a Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue- para promocionar a Festa do Melindre e a repostaría tradicional, que terá lugar en Melide os vindieros días 11 e 12 de maio.

Con esta acción, que dará comezo na Coruña e continuará os próximos días en Lugo e Compopstela, ademais de Melide, repartiranse os doces  típicos da vila nos buses da Axenciade Doazón de Órganos e Sangue a todas as persoas que se acheguen a doar sangue.

O calendario de lugares e datas onde se poderá doar e levar un paquetiño con “ricos” de Melide é:
A Coruña: 3 de maio
Lugo: 8 de maio
Compostela: 8 de maio
Melide: 10 de maio

Na Galiza precísanse cada ano 125.000 doazóns de sangue. Para ser doante precísanse os seguintes requisitos:  Ser maior de 18 e menor de 65 anos, pesar máis de 50 Kg, non estar embarazada nin ter dado a luz nos últimos nove meses, non ter padecido hepatite ou convivir con pacientes que a padecesen nos últimos seis meses, non ter padecido enfermidades infecciosas con febre e/ou tratada con antibióticos nos últimos quince días, informarse sobre a sida e estar seguro de non pertencer a ningún grupo de risco; non residir nos últimos seis meses en zonas endémicas de paludismo.

Esta acción non será a única que realizará o Concello de Melide, pois en breve comezará tamén a promoción dos produtos e do evento en varios restaurantes da provincia con chefs embaixadores da festa, e da que se informará polo miúdo nos próximos días.

Melide acolle os días 11 e 12  a 32 esta festa que se celebrará en tres espazos diferentes que reciben o nome dos doces que se van a homenaxear: melindres, ricos e amendoados. O Espazo Melindre estará situado na praza do Convento, o Espazo Rico estará na praza dás Coles e o Espazo Amendoado, estará no Cantón de San Roque.

Comentarios