Palabras con memoria: lingua corpulenta

'Muller libre'. de The Tetas' Van
photo_camera 'Muller libre'. de The Tetas' Van

billote.- (Ademais doutros significados xa rexistrados) Ollo do cu.

Lugar de escoita.- Corme.

Fonte.- Vocabulario cormelán.

Outros apuntamentos.- Asociación Veciñal de Corme. Este termo foi extrapolado do furado das rodas de muíño.

caralambia.- Aplicado aos rapaces/homes que non teñen barba.

Exemplo.- “Ai, querías ir á festa? Vaite de aí, caralambia."

Lugar de escoita.- Santa María de Taboexa (As Neves).

Fonte.- María Isabel Fernández Vidal.

entreteto.- Canle entre os peitos dunha muller.

Exemplo.- “Con este vestido véselle moito o entreteto.”

Lugar de escoita.- Fonsagrada.

Fonte.- Darío Xohán Cabana.

entrille.- Entreperna.

Exemplo.- “Ai! Eu non sei por que sempre me rompen os pantalóns polo entrille.”

Lugar de escoita.- O Morrazo.

Fonte.- Andrea Abeledo.

Outros apuntamentos.- Desde a APAMP (Vigo).

grecho.- (Ademais de significados xa rexistrados) Regaña do cu. Por extensión, cu.

Exemplo.- “Ese día picoume unha abella mesmo no grecho.”

Lugar de escoita.- O Morrazo.

Fonte.- Alfonso Marcos.

Outros apuntamentos.- Pronúnciase con gheada. Grupo Maré do Morrazo, formado por Salvador Castro Otero, Lucía Durán Paredes, Xosé Manuel González Barreiro, Henrique Harguindey Banet, Xosé Martínez García, Ramón Rocamonde Gómez e María Emma Tilves Pazos.

mica.- (Ademais de significados xa rexistrados. Con sentido figurado) En determinadas expresións, parte esencial e íntima dunha persoa.

Exemplo.- "Vouche saltar na mica" (equivalente a "Voute poñer dereito" ou "Vouche dar no lombo").

Lugar de escoita.- Sabucedo (A Estrada).

Fonte.- Manuel Cabada Castro.

Comentarios