barrote.- (Ademais de significados xa rexistrados) Parte superior da bodega na que se gardaban as patacas.
Lugar de escoita.- Carbeiral-Bardaos (San Sadurniño).
Fonte.- Avelino Sanjurjo Beceiro (X. Ortigueira).
buquil.- Chámaselle así ao furado que tiña a pedra do pozo e que, cando se quería que este enchese, había que tapalo co "pau de pozo".
Lugar de escoita.- Navia de Suarna.
Fonte.- Toño Núñez.
churriolo.- Ventá pequena sen tapar que dá a unha corte.
Lugar de escoita.- Valdoviño.
Fonte.- Mario Caneiro.
fado.- (Significado engadido aos xa coñecidos) Faiado.
Lugar de escoita.- Cuntis.
Fonte.- Marcos Seixo.
llalar.- Lugar dentro da casa onde se gardaba a leña.
Lugar de escoita.- Cerceda.
Fonte.- Marta Otero Deus/CPI O Cruce de Cerceda.
ruño.- Agrupación pequena. Se é de casas, ten un significado semellante a rueiro. Arruñar, verbo derivado, tería o significado de xuntar, agrupar.
Exemplo: "Ruño de piñeiros". "Ruño de xente”.
Lugar de escoita.- Feás- Aranga (A Coruña).
Fonte.- J. L. Couceiro.
subidas.- (Ademais dos significados evidentes) Escaleiras.
Lugar de escoita.- Palmeira (Ribeira).
Fonte.- Carlos Mosteiro.