sábado 06/03/21

#Moitoquesachar: 7 de febreiro, Día dos Medios en Galego

A data conmemora a saída da primeira publicación xornalística integramente en galego, ‘O Tío Marcos d’A Portela’, en 1876.

Alguns representantes dos membros da AMEGA na Gala do Dia dos Medios en Galego
Alguns representantes dos membros da AMEGA nunha edición anterior da Gala do Dia dos Medios en Galego.

Asociación de Medios en Galego (Amega) fixaba en xaneiro de 2018 a data de 7 de febreiro como o Dia dos Medios en Galego,  “unha boa ocasión para visibilizar os medios de comunicación que utilizan a lingua galega e poñen o foco na realidade do país”. A data procuraba homenaxear  ‘O Tío Marcos d'a Portela’, nado en febreiro de 1876. A histórica publicación foi a primeira escrita integramente en galego. Subtitulada “Parrafeos co pobo galego” e impulsada por Valentín Lamas Carvajal, conseguiu un notable éxito, chegando a vender 4.000 exemplares nunha comunidade que daquela contaba con altos niveis de analfabetismo.

En febreiro dese mesmo ano, 2018, O presidente do Parlamento, Miguel Santalices, deu lectura a unha declaración institucional co gallo do 7 de febreiro, Día dos Medios en Galego, convidando a sociedade galega a “apoiar esta reivindicación”.

Este ano a data de 7 de febreiro celebrarase nun contexto marcado pola pandemia do coronavirus. Se en 2018 a cita foi en Fene, en 2019 en Pontevedra e en 2020 Carballo, este 7 de febreiro toca “unha celebración singular”. Vaise desenvolver por streaming, en clave de #LateNight. Unha oportunidade, en todo caso, para amosarnos ao mundo.
Para os 35 medios da AMEGA, e os máis de 100 medios en galego, todos os días son o Día dos Medios en Galego. Pero a celebración desta data sérvenos para pararmos a visibilizar a importancia das nosas cabeceiras para a nosa lingua.

comentarios