A Mesa participa na reunión da Rede Europea para a Igualdade das Linguas

A través da súa vicepresidenta e directora do Observatorio de Dereitos Lingüísticos, Elsa Quintas, A Mesa pola Normalización Lingüística participa na reunión da Rede Europea para a Igualdade das Linguas (ELEN), que está a ter lugar en Kolozsvár, Transilvania.

IMG-20180609-WA0001
photo_camera Elsa Quinta, a terceira, pola esquerda

A Rede Europea para a Igualdade das Linguas (ELEN), organización europea de referencia na defensa das linguas minorizadas, reúnese esta fin de semana en Kolozsvár, Transilvania, a onde se trasladou a súa vicepresidenta e directora do Observatorio de Dereitos Lingüísticos, Elsa Quintas. É esta unha xuntanza anual en que se concretarán as accións a realizar pola ELEN no próximo ano nas diferentes organizacións internacionais, como son a Unión Europea e a Organización das Nacións Unidas.

A ELEN, onde A Mesa ocupa unha vicepresidencia, que recae en Marcos Maceira, persegue a busca de beneficios, a promoción e protección das linguas europeas menos utilizadas, traballar para acadar a igualdade e para ser unha voz para as e os falantes de linguas a nivel local, rexional, nacional, europeo e internacional.

Esta rede representa  42 comunidades lingüísticas de 23 Estados europeos e ten carácter de organismo consultivo do Parlamento Europeo, do Consello de Europa, das Nacións Unidas e da UNESCO. Forma parte, ademais, da Plataforma de ONG da Comisión Europea para Multilingüismo, a Plataforma de ONG para Cultura, a Plataforma de ONG para a Axencia de Dereitos Fundamentais da UE, e do Consello Económico e Social da ONU.

Comentarios