mércores 30/09/20

O Ingreso mínimo vital, só en castelán

A Mesa critica que non se poida consultar nin tramitar na lingua propia da Galiza.

ingreso mínimo vital (Liña do galego)
(Liña do Galego)

“Galegos e galegas non podemos solicitar nin consultar na nosa lingua o Ingreso mínimo vital. José Luis Escrivá [Ministro de Seguridade Social], desculpe as molestias, mais están a vulnerar os nosos dereitos lingüísticos”. Con esta breve mensaxe denunciaba A Mesa pola Normalización Lingüística nas redes sociais a imposibilidade de tramitar este ingreso en galego.

Segundo a Delegación do Goberno español na Galiza, por volta de 40.000 familias galegas poden solicitar o ingreso mínimo vital, e a 4.000 delas recoñeceráselles de oficio.

A Mesa tramitou en 2019 máis de 300 queixas da cidadanía galega por discriminacións e vulneracións de dereitos lingüísticos. Case a metade das reclamacións (o 45,28%) refírense á administración pública

comentarios