xoves 04/03/21

Tres horas na comisaría para poder poñer unha denuncia en galego

 A avogada Elsa Quintas contou nas redes sociais a súa experiencia por querer, simplemente, que se recollese a súa denuncia en lingua galega.

comisaria

Galiza ten u ha lingua propia, o galego, e 2 oficiais que en moitos trámites, xestións ou vivencias do día a día acaba derivando en que hai unha única: o castelán. A avogada de vicepresidenta da Mesa Elsa Quintas contou nas redes sociais a súa experiencia nunha comisaría de Policía por querer que a denuncia que ía presentar fose en galego, como é o seu dereito.

“Tres horas na comisaría”, principia o seu relato. Conta como xa desde un principio, ao comunicar que quería que a denuncia estivese na súa lingua, atopou reticencias por parte do axente que a atendeu. Primeiro, que a aplicación informática estaba en castelán, despois que tiña que falar co superior.

A chegada do superior, contam supuxo unha repetición de argumentos e engadindo outros novos: “Si a Ud no le importa y como sabe castellano... Porque cuando vienen los de pueblo y no saben hablarlo, nosotros hacemos de traductores.”

A insistencia da avogada, porén, deu os seus froitos e, finalmente, o superior accedeu a que a denuncia fose en galego. Elsa Quintas conta, incluso, que o primeiro policía transcribiu a súa denuncia en galego case sen grallas e cunha actitude “positiva”.

“É un claro exemplo de imposición do castellano. Non é cuestión de entender: trátase da situación de privilexio e vantaxe da que segue a gozar o castellano en instancias do poder. Eu, cidadá, desexo formular denuncia na lingua que falo. O poder estatal impídemo: a aplicación informática está en castellano, os policías son instruídos en castellano, os policías non son formados nos dereitos lingüísticos , o castellano é a lingua de poder, na q se realizan as investigacións..”, expresa Quintas.

comentarios