DENUNCIA DE QUEREMOS GALEGO

O Concello de Compostela, ‘’máis unha vez’’, pon atrancos a unha manifestación polo galego

O Concello comunicoulle á Queremos Galego que non autoriza nin o enganche ao alumeado público nin proporcionará un xenerador embora os precedentes xudiciais xa confirmaron a obriga do concello de facilitar estes medios.

Queremos Galego 18 outubro 2009

Queremos Galego recebíu esta sexta feira unha notificación do Concello de Santiago onde, afirma a plataforma, se nega autorización para conexión ao alumeado municipal, “ben directamente, ben por medio dun xenerador do Concello, para desenvolver o acto final da manifestación masiva prevista para o 8 de febreiro”.

O Concello, prosegue QG, “oponse máis unha vez a todo o que teña a ver coa defensa activa da lingua galega a través da mobilización cidadá”, e faino “malia contar con precedentes xudiciais en contra desta postura”.

“Non é novidade”

Lembra Queremos Galego que esta actitude non é nova, “é a mesma que mantiveron os anteriores alcaldes de Santiago neste mandato, Conde Roa e Ángel Currás”. “Como non poden parar ás miles de persoas que se dirixirán a Santiago a se manifestaren polo futuro da nosa lingua, pensan que cortando o son poderán calalas”, sinalou o portavoz de Queremos Galego e presidente da Mesa Marcos Maceira.

Maceira fixo un chamado ao novo alcalde Agustín Hernández, a que evite a confrontación xudicial “e deixe de pór limites ao que en Galiza, en Santiago como a súa capital, é o natural, a lingua galega e a liberdade de expresión”.

Comentarios