CIG-Ensino e A Mesa exporán ao conselleiro a necesidade dun novo marco para o galego no ensino

É a primeira xuntanza co titular de Educación para tratar este tema. Pediranlle a derrogación do ‘decretazo’, cuxa combinación coa aplicación da Lomce deixa o galego baixo mínimos.

2017020112361884448

O conselleiro de Educación recibe esta tarde representantes da CIG-Ensino e A Mesa pola Normalización Lingüística, xuntanza obtida após o feche e protesto de ambas as dúas entidades na Secretaría xeral de Política Lingüística o pasado 1 de febreiro.

A Mesa e CIG-Ensino transmitirán a Román Rodríguez a necesidade de derrogar o Decreto de plurilingüismo e iniciar o proceso dunha nova norma que facilite a plena normalización lingüística do galego no ensino. Lembran que a aplicación da Lomce, unida ao ‘decretazo’ deixa o galego no ensino nunha situación de marxinación e exclusión. No ensino secundario, por baixo do 15%. 

Comentarios