“Tres décadas de vixencia da lei de Normalización Lingüística aconsellan a súa revisión e actualización”

A deputada Ana Pontón traslada á Mesa pola Normalización Lingüística a Proposición de lei de normalización de usos sociais e públicos da lingua galega que vai presentar o BNG

Carlos Callón, Susana Méndez, Ana Pontón
photo_camera Carlos Callón, Susana Méndez, Ana Pontón

A deputada  do BNG, Ana Pontón mantivo unha reunión cunha delegación da Mesa pola Normalización lingüística coa finalidade de valorar “trinta anos da aplicación da lei de Normalización Lingüística”, sinalan desde a fronte nacionalista-

Ana Pontón,informou que a proposición de lei do BNG concede á Xunta de Galiza un “rol director no cumprimento dos usos sociais e públicos da lingua galega que establece unha meta e un proceso con mecanismos de “avaliación periódica que observen o seu cumprimento e vixíen a súa eficacia”.

Paso adiante

Para a deputada nacionalista, esta Proposición de lei evidencia que “tres décadas de vixencia da  lei de Normalización Lingüística aconsellan a súa revisión e  actualización”.  A modificación da lei, dixo, suporá un paso “relevante” no desenvolvemento do proceso normalizador “esquecido e vulnerado polo actual Goberno da Xunta de Galiza”.

Comentarios