A Audiencia Nacional investiga se houbo fraude ao contratar futbolistas

A xustiza española investiga fraudes reveladas polo hacker luso Rui Pinto

A Audiencia Nacional investiga se houbo fraude ao contratar futbolistas no Estado español após as informacións analizadas e desveladas polo hacher portugués Rui Pinto. 
O hacker portugués Rui Pinto
photo_camera O hacker portugués Rui Pinto

O Estado español volta a ser noticia en Portugal, após a Audiencia Nacional española abrir investigacións contra Fali Ramadani, empresario albanés axente de futbolistas, por participar nunha presunta trama de branqueo de capitais cometida a través de contratacións ficticias de xogadores.

A investigación xorde das revelacións realizadas polos medios de comunicación que analizaron os documentos descubertos por Football Leaks, segundo saleintou a Garda Civil, en referencia ao coñecido como o Wiki Leaks portugués, co que o hacker luso Rui Pinto destapou fraudes no mundo futbolísitco.  

Fali Ramadani "e o parceiro de negócios de Nikola Damjanac", recolle a prensa portuguesa, e son ambos os dous sospeitosos de branquear máis de dez millóns de euros no Estado español, que terían sido destinados á compra de moradas de alto luxo.

Pola súa banda, Rui Pinto denuncia o seu encarceramento e defínese como "preso político", denunciando que o Estado luso o mantén privado de liberdade para impedir que fale coa prensa. Pinto vén ademais de facer pública  a trama Luanda Leaks, na que Isabel dos Santos, filla do ex presidente de Angola, deixou as arcas dese país baleiras. 

O letrado que asiste a Rui Pinto, Francisco Teixeira da Mota, salientou como un paso adiante que as autoridades españolas estean a empregar as informacións que divulgou o seu cliente para investigar os desfalcos no fútbol. Para o avogado é "escencial" que as autoridades lusas e españolas utilicen a información sobre crimes e branqueo de cartos desveladas por Pinto. 

No marco da operación que leva a Audiencia Nacional española, requiriuse xa información sobre contratacións a 11 clubs españois como o Real Madrid, o Málaga, o Atlético de Madrid, o Levante, a Real Sociedade ou o Betis.

Comentarios