Pinto acusa a xustiza lusa de silenciar casos de corrupción

Rui Pinto, o hacker que se reivindica como revelador de Luanda Leaks, o caso de corrupción protagonizado por Isabel dos Santos, filla do ex presidente de Angola, que espoliou as arcas dese país africano, anunciou que ten aínda moita máis información "que os portugueses merecem saber".
Pinto foi detido en Budapest e extraditado a Lisboa (Imaxe: Twitter)
photo_camera Pinto foi detido en Budapest e extraditado a Lisboa (Imaxe: Twitter)

"Há ainda muita coisa que os portugueses merecem saber", escribiu no día de onte, quinta feira 30 de xaneiro, Rui Pinto na súa conta de Twitter. Este hacker portugués acusou tamén en redes a xustiza lusa de encarceralo sob co obxectivo de querer silenciar escándalos de corrupción como o Luanda Leaks, que el mesmo desvelou.

"Acho que os cidadãos portugueses já perceberam que a minha prolongada e desproporcional prisão preventiva tem como objectivo primordial silenciar as minhas denúncias e manter escândalos como o Luanda Leaks fechados a sete chaves", afirmou Pinto. 

Luanda Leaks é un presunto caso de saqueo das arcas públicas de Angola a mans de Isabel dos Santos, filla do anterior presidente deste país. 

Pinto, de 31 anos, xa fora responsábel previamente das informacións de Football Leaks, que chegaron a involucrar o xogador Cristiano Ronaldo. 
Desde pequeno Pinto gostaba do footbol, e a través dun blog foi difundindo documentos sobre corrupción neste deporte. Varios medios internacionais filtraron informacións que deron base ao caso Football Leaks e finalmente Rui Pinto foi extraditado a Portugal e acusado de 147 crimes que o Ministério Público luso lle imputou por extorsión, acceso ilexítimo, aceso indebido, violación de correspondencia e sabotaxe informática. A finais de 2018, Pinto entregou á Plataforma de Protecção de Denunciantes na África un disco duro con datos relacionados coas fortuna de Isabel dos Santos, da familia e de todas as persoas que poden estar involucradas en operacións fraudulentas e de espolio dos cartos públicos de Angola. 

Agora, a través da conta de Twitter, Rui Pinto anuncia que existe máis información sobre este e outros casos de corrupción e pide que non se lle encarcere por iso e se permita investigar eses delitos. 

Comentarios