Bloco e Livre tenden a man ao PS para reeditar o pacto de Goberno de 2015

Pedro Nuno toma o relevo de António Costa á fronte do Partido Socialista
Martina Mortágua, coordinadora do Bloco de Esquerdas. (Foto: Europa Press / Contacto / Rita Franca)
photo_camera Martina Mortágua, coordinadora do Bloco de Esquerdas. (Foto: Europa Press / Contacto / Rita Franca)

O Bloco de Esquerdas e o partido socialista-ecoloxista Livre manifestaron a súa disposición a reeditar co Partido Socialista (PS) a 'geringonça', o pacto que permitiu en 2015 gobernar o socialdemócrata António Costa. Unha oferta que fai referencia ás eleccións anticipadas do 10 de marzo, no caso de que os socialistas non consigan renovar a maioría absoluta coa que contan nesta lexislatura. 

A coordinadora do Bloco, Mariana Mortágua, apostou por unha "maioría de esquerdas" para solucionar "o que a maioría absoluta do PS non soubo resolver", segundo recolle o diario portugués Público. 

O Bloco "asume o compromiso de negociar un acordo de maioría par aun programa de Goberno que faga o que non se fixo", resaltou en rolda de prensa desde Lisboa.

Mortágua mencionou varias proposta que considera chaves para calquera acordo co PS, tales como o incremento dos salarios, a defensa da educación pública, o cambio climático ou accións en materia de vivenda

Pola súa parte, desde Livre, Rui Tavares resaltou tamén que o PS non foi capaz de solucionar os problemas "máis complexos". "Sós non o conseguen. É necesario unha esquerda que force o PS nestas áreas" para que se ateña ao "Estado social que prometeu". 

A despedida de Costa

A etapa de António Costa á fronte do Partido Socialista portugués remata este domingo coa clausura do 24º congreso nacional no que Pedro Nuno Santos tomará o relevo á fronte da formación. Costa deu esta sexta feira o seu último discurso, xa como ex secretario do PS, logo da súa dimisión tras as acusacións do Tribunal Supremo, que o sinalou como implicado nun caso de licitación irregular de explotacións mineiras e enerxéticas.

Comentarios