O alcalde de Burgos paraliza temporalmente as obras no Gamonal

O rexedor burgalés anunciou tamén a creación dun grupo de traballo en que se integrará a veciñanza na procura do "maior consenso posíbel" na construción do aparcadoiro subterráneo e o boulevard. 

naiz
photo_camera Imaxe Diego SU [NAIZ]

Após cinco xornadas de intensas protestas e da detención de máis de medio cento de persoas, a mobilización social fixo recuar ao alcalde de Burgos, o popular Javier Lacalle que anunciou a paralización temporal das obras. 

Aliás, asegurou que a administración local constituirá un grupo de traballo no que se integrarán tamén representantes veciñais na procura do "maior consenso posíbel" para determinar o futuro das obras. o rexedor burgalés, que aspira a continuar adiante coa construción do aparcadoiro subterráneo e o boulevar que orixinaron os protestos, viuse obrigado pola forte resposta popular a re-considerar a decisión e tomar en conta a opinión d@s veciñ@s. 

O barrio, no entanto, mantén o seu rexeitamento á construción que suporá un gasto público de máis de 8 millóns de euros. 

Comentarios