Xornal español implica a Celtarras coa revolta do Gamonal

'El Confidencial' asegura, remitindo a ''fontes policiais sobre o terreo'', que seareir@s deste grupo de afeccionados do Celta estarían, xunto con ''outros grupos de extrema-esquerda'' implicados nos incidentes no barrio de Burgos.


Desde o Ministerio do Interior levan días achacando a revolta do barrio de Gamonal a ''grupos itinerantes anti-sistema'' procedentes de diferentes partes do Estado español. Afirmación que mantén nos medios malia que do medio cento de detid@s nos protestos non hai ninguén que non sexa desta cidade castelá ou da súa contorna.

Mais agora, esa versión do ministerio español de violentos que se desprazan a Burgos para sementar o caos ten unha nova volta de porca. No medio español El Confidencial póñenlle nome a estes grupos aos que apunta como responsábeis dos incidentes. E entre eles sitúa a Celtarras, o combo de seareir@s do Celta. Faino remitíndose a ''fontes policiais sobre o terreo''.

El Confidencial enumera diferentes colectivos, desde políticos a bandas latinas ou grupos de afeccionados ao fútbol para repartir culpabilidades na revolta de Gamonal. Todas elas de Castela. Agás Celtarras.

Comentarios