Este é o prezo da luz por horas de hoxe, 21 de marzo

O prezo mínimo desta segunda feira, segundo os datos proporcionados pola Red Eléctrica de España, deuse entre as 3 e as 4 horas, mentres que o máximo volverá ser de 20 a 21 horas.
Cozy scandinavian style living room with a rack, a comfortable seat and a table lamp in winter.
photo_camera O prezo medio da luz segue en niveis moi superiores aos dos mesmo período do ano pasado. (Foto: Nós Diario)

O prezo medio da electricidade no mercado maiorista ascendeu nesta segunda feira até os 286,13 euros o megawatt/hora (euros/MWh) —incluíndo os custos de comercialización, peaxes e outros cargos, isto é, o prezo real sobre a factura—, segundo os datos publicados no día de hoxe por Red Eléctrica de España.

Por treitos horarios, o prezo máximo da luz para esta segunda feira darase, de xeito semellante ao doutras xornadas, entre as 20 e as 21 horas, con 451,56 euros/MWh, mentres que o mínimo, de 258,47 euros/MWh, rexistrouse entre as 4 e as 5 horas desta madrugada.

Esta segunda feira o prezo medio do 'pool' —prezo base que negocian as compañías produtoras e comercializadoras de enerxía— é de 235,78 euros/MWh.

A luz fechou 2021 como o ano máis caro da serie histórica, cun prezo medio de 111,93 euros/MWh debido á espiral alcista rexistrada no 'pool' no segundo semestre. Con todo, no que vai de 2022 o prezo medio sitúase na contorna dos 229 euros/MWh, máis do dobre que o exercicio anterior.

En comparación con hai xusto un ano, o prezo do 'pool' para esta quinta feira é 548,58% superior aos 42,98 euros/MWh do 21 de marzo de 2021. É dicir, é seis veces máis caro que hai un ano.

Prezo do gas hoxe, 21 de marzo

Os contratos de futuros do gas natural negociados na plataforma holandesa TTF cotizaban este domingo arredor dos 105,25 euros/MWh, con picos que chegaron até os 110,5 euros, 

Nesa liña, o día previo á invasión rusa de Ucraína o prezo do gas en España cotizaba por baixo dos 80 euros/MWh, mentres que hoxe está en 98,01 euros/MWh, o que supón un aumento de 1,45%% fronte ao rexistro desta fin de semana (96,61 euros/MWh), segundo os datos do Mercado Ibérico do Gas (Mibgas).

Comentarios