A pensión media galega, un 16% por baixo da española

Un beneficiario cobra 1.700 euros anuais menos en Galiza que na media do Estado español.

vellos

A pensión media do sistema, que abrangue diferentes clases de pensión (xubilación, viuvedade, orfandade, incapacidade permanente,..) situouse en xaneiro en 756,2 euros, unha cifra que é un 15,6% inferior á do conxunto do Estado español (896 euros). Son dados do Ministerio de Emprego, que cifra en 753.154 as persoas que en Galiza percebían pensións no comezo deste 2016.

A prestación de xubilación (467.517 perceptores en Galiza) fixouse en xaneiro en 857 euros de media, mentres que no Estado español estaba nos 1033 euros. Só a de Estremadura é inferior á galega. As de viuvidade (186.922 persoas no noso país) teñen unha cuantía media de 537 euros, 100 euros menos que a media española.

Hai, tamén, 68.745 pensións de incapacidade permanente, por un valor medio de 821 euros; 23.966 de orfandade, e 6.004 a prol de familiares (474 euros).

Comentarios