O PP leva a Silleda o seu congreso provincial de Pontevedra para evitar as protestas polas preferentes

O congreso, até este cambio de última hora, ía se facer no auditorio de NCG en Pontevedra. Xunta e PP ocultan as axendas dos altos cargos. Os populares din ser vítimas dunha campaña de acoso e presión

Concentración estafad@s polas preferentes diante do Parlamento

Rafael Louzán, presidente do PP de Pontevedra e da Deputación desta provincia galega, non volverá mañá sábado ser reelecto no cargo do partido na cidade do Lérez, como a el lle gustaría. Terá que ser en Silleda, no auditorio da Semana Verde. Un cambio de ubicación decidido a última hora. Do Auditorio de NCG en Pontevedra cidade a Silleda. O motivo do cambio, recoñecido por Louzán, é evitar a protesta dos estafados polas preferentes. Hoxe dase a coñecer a quita (entre un 10% e un 55% para os de NCG) e os ánimos estarán moi,moi quentes, sinalan desde o PP. Por iso, o mellor, é liscar.

Aliás, a axenda de altos cargos da Xunta e do PP non está a ser informada, como é o habitual, por temor a atopar con protestas ou mobilizacións dos estafad@s. O que lle aconteceu ao subdelegado do goberno e conselleiro de Medio Ambiente na depuradora de Vigo (onde tiveron que saír ente un cordón policial após unha hora nas instalacións rodeados de300 afectad@s) fai que o PP tome nota.

 

Comentarios