O alcalde de Santiago chama pola policía para que desaloxe do pleno @s estafad@s das preferentes

O rexedor compostelán Ángel Currás solicitou que varios efectivos da policía local se presentasen na sala de plenos para botar fóra @s representantes da plataforma de afectad@s polas preferentes que presenciaban o debate da corporación municipal. Precisamente este colectivo presentou nestes días unha copia da denuncia administrativa após serlles vetada a entrada ao pleno xa en máis dunha ocasión, malia seren xuntanzas públicas. 

photo_camera [Imaxe: Zapa Dacosta]

O rexedor compostelán, Ángel Currás (PP), solicitou que varios efectivos da policía local se presentasen na sala de plenos para botar fóra @s representantes da plataforma de afectad@s polas preferentes que presenciaban o debate da corporación municipal. Precisamente este colectivo presentou nestes días unha copia da denuncia administrativa após serlles vetada a entrada ao pleno xa en máis dunha ocasión, malia seren xuntanzas públicas. 

Así as cousas, a plataforma solicitou que se adiantase na orde do día o punto en que se lle daba leitura a unha proposta de moción que presentaba o propio colectivo e en que reclamaban a convocatoria dun pleno extraordinario. Segundo o escrito da moción, o propio alcalde comprometérase a estudar esta posibilidade após unha reunión mantida con persoas estafad@s o 28 de decembro de 2012. Pregunta a plataforma cales son as medidas que adoptará o Concello para acadar o obxectivo que se persegue coas mobilizacións: recuperar o 100% dos aforros.

Currás accedeu a adiantar o punto na orde do día e déuselle leitura á moción, que foi aprobada de maneira unánime por todos os grupos con representación na corporación municipal (BNG, PSOE e PP). Porén, cando o voceiro da plataforma compostelá, Jesús Domínguez, se dispuxo a intervir para informar sobre a quita de entre un 10 e un 55% que se formalizará esta sexta feira, o rexedor conservador mandouno calar. Perante a insistencia, chamou pola policía e ordenoulles desaloxar @s manifestantes. 

O autoritarismo de Currás non sentou ben nun colectivo canso de se mobilizar polos seus aforros, polo que @s estafad@s abandonaron o salón de plenos entre berros de 'Partido Popular, partido expoliador' ou 'Corruptos'. 

Que o Concello de Santiago se preocupe pol@s veciñ@s estafad@s

Na moción que esta quinta presentou a plataforma, e que foi apoiada por unanimidade, @s veciñ@s de Compostela que teñen diñeiro investido en participacións preferentes e subordinadas reclaman que o Concello de Santiago se ocupe del@s. Ao igual que fixeron outros gobernos municipais, reclaman que Currás se mova para ter todos os datos de canto diñeiro hai "secuestrado" para ter "unha visión real da magnitude da estafa". 

Piden tamén que o Concello inste á Xunta e ao Goberno estatal (as tres administracións están en mans do PP) a que emprenda as medidas necesarias para a recuperación do 100% dos aforros, así como a eliminación de calquera quita e do troco dos cartos por accións sen liquidez das que @s estafad@s pasarían a ser titulares á forza. Por derradeiro, reclaman asesoramento xurídico e que o Executivo local colabore á hora de sufragar os gastos tanto deste servizo como do servizo de transporte que se contrata para facer parte dos distintos actos reivindicativos que as plataformas de afectad@s convocan dunha punta á outra do País.

Comentarios