A admisión a trámite dunha querela contra os xestores de Bankia tomou por sorpresa ao goberno español. A Audiencia Nacional, a tarvés do xuiz Fernando Andreu, imputou a 33 membros dos Consellos de Administración de Bankia y da súa matriz, Banco Financiero y de Ahorros (BFA). Entre os nomes que máis chaman a atención están Rodrigo Rato, o expresidente da Comunidade Valenciana José Luis Olivas e o exministro Ángel Acebes, os tres cunha longa traxectoria no PP.
No auto do xuiz apúntase a indicios dunha “defraudación” con repercusións mesmo na estatal. Para ampliar o seu traballo o xuiz reclama que lle remitan máis documentos, como unha información polo miúdo das operacións de crédito desde o 2008 en favor dos directivos e os seus familiares, mesmo tendo en conta préstamos en favor de partidos políticos que logo escollerían aos conselleiros do BFA. As escandalosas retribucións destes conselleiros e doutr@s directiv@s tamén pasarán a ser investigadas. A actuación do xuiz xa conta co apoio de Anticorrupción, aínda que non no tema da exixencia de intervención xudicial do banco.
Xornalismo de calidade e en galego, sen ti, sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.