“A man de obra especializada do naval galego ten que emigrar a Holanda ou Panamá”

Responsábeis sindicais do naval da CIG e membros de comités de empresa dos estaleiros de Vigo denuncian a “situación agónica do sector”. Responsabilidades? “Goberno español e empresariado”. 

naval, estaleiro

“Non se entende como se pasou de falarmos de 2000 millóns de euros a só 126 en tan pouco tempo”. A CIG pregúntrase como poido acontecer tal “baile de cifras” na cantía a devolver polo 'tax-lease'.,após o ditame comunitario que obrigaba a retornar unhas axudas consideradas “ilegais” e que deu lugar a unha intensa campaña mobilizadora.

A CIG incide na necesidade de manter unha dinámica de reivindicacións e mobilizacións

Para César Rodríguez, responsábel nacional do naval da CIG, o Goberno español “só pretende gañar tempo e evitar a súa responsabilidade” mediante a infravaloración da contía das devolucións do antigo sistema de bonificacións. 

“Temos un novo sistema de tax lease pero os pedidos non chegan”, aseguran desde a CIG, ao tempo que denuncian que cada vez “un maior número de man de obra especializada emigra a países como Holanda ou Panamá”.

“Que asuman o deber de facer viábel o naval”

Por outra parte, os sindicalistas responsabilizaron tamén ás direccións dos estaleiros pola falta de perspectivas de futuro, das que demandaron que “dunha vez por todas asuman o deber de facer viábel o naval” e que se posicionen publicamente contra os planos de “desmantelamento planificado do sector”.

Manolo Simón, responsábel comarcal da CIG-Metal de Vigo, apuntou neste sentido a “unha nova reconversión encuberta” que o Estado podería estar a levar a cabo “a cambio do rescate e axudas comunitarias”. Alén disto, denunciou que a patronal “aproveita a situación” para lograr reducións salariais e recortes nas condicións de traballo.

Comentarios