A luz volve subir e acada esta segunda feira outra marca con 339,84 euros/MWh

O prezo da luz semella non chegar ao seu teito. Esta segunda feira segue aumentando, a quinta vez no que vai de ano. A tarifa máxima será de 20 e as 21 horas, con 375 euros/MWh.

Operaria de Endesa. (Foto: Endesa)
photo_camera Control de contadores da luz (Foto: Endesa).

A electricidade segue o camiño alcista dos últimos días e volve subir esta segunda feira no marcado almacenista alcanzando os 339,84 euros o megawatt hora (MWh), unha nova marca histórica.

É a quinta vez este ano que supera o limiar dos 300 euros con este aumento dun 6,32% en relación ao deste domingo e un 682,65% superior e facemos a comparativa interanual con respecto ao 20 de decembro de 2020, cando se pagaba 43,42 euros/MWh.

Horario máis caro e máis económico

Segundo os datos publicados polo Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE), o prezo máximo da luz para esta segunda feira darase entre as 20 e as 21 horas, con 375 euros/MWh, mentres que o prezo mínimo será de 267,99 euros entre as 4 e as 5 horas,

Estes prezos repercuten directamente na tarifa regulada que teñen contratada case 11 millóns de consumidoras e consumidores no país, e serve de referencia para os outras 17 millóns que teñen contratado a súa subministración no mercado libre.

O encarecemento nos últimos meses no mercado eléctrico explícase, principalmente, polos altos prezos do gas nos mercados e dos dereitos de emisión de dióxido de carbono (CO2), en máximos históricos neste ano.

Decembro de récord

O mes de decembro comezou sendo un mes marcado por unha gran volatilidade, con caídas na media dalgúns días até ao redor dos 100 euros/MWh e con certos momentos nos que se superou amplamente a cota dos 200 euros/MWh e agora dos 300 euros/MWh.

Porén, desde o 9 de decembro o prezo da luz non baixou dos 200 euros e na última semana os aumentos foron considerábeis, situando o prezo medio mensual en 235 euros, é dicir, 35 euros máis que o pasado outubro, o mes coa media máis cara até a data.

A promesa de Sánchez

Segundo unha análise de Facua-Consumidores en Acción, de manterse as mesmas tarifas o resto do mes, a última factura do ano alcanzaría os 134,45 euros para o usuario medio, un 94,1% por encima dos 69,28 euros de decembro de 2020.

"A factura eléctrica de decembro tería que ser negativa para que o presidente Sánchez e a ministra Ribeira cumprisen a súa promesa de que este ano os consumidores pagarán o mesmo que en 2018 unha vez descontado o IPC. Así, para que se alcanzase ese obxectivo, un usuario medio tería que recibir unha factura na que a súa compañía lle devolvese 12 euros cando finalice este mes", sinala o secretario xeral de Facua, Rubén Sánchez.

Até agora, o paquete de rebaixas fiscais aprobado polo Goberno contempla a baixada do 21% ao 10% do IVE, a suspensión do imposto de xeración ao 7% que pagan as empresas, e a rebaixa do imposto especial eléctrico do 5,11% ao 0,5%, mínimo legal.

A asociación está a reclamar ao Executivo que impoña durante polo menos seis meses un desconto mínimo do 50% na factura eléctrica sometida á tarifa semirregulada PVPC da inmensa maioría de familias, excluíndo só ás de rendas máis altas, correndo a cargo de compañías enerxéticas de maneira proporcional ás súas cotas de mercado.

Comentarios