Facer caixa coa suor da emigración

Por volta de 20.000 emigrantes galeg@s con pensións doutros países están no albo da Facenda española, que lles está a impor fortes multas por, afirma, non ter declarado eses ingresos. Mais a realidade, explican @s afectad@s, é ben outra

Pensionista

Milleiros de galeg@s están a ser sancionados por mor de cobrar unha pensión do país onde traballaron, e cotizaron, durante anos. Un problema que afecta a un colectivo de 20.000 persoas no noso país e que, coma o calote das preferentes, provoca verdadeiros dramas en non poucas familias. "Estamos a falar de que de media as multas que se nos están a impoñer, de 10.000 a 20.000 euros", sinala José Fernández, con 30 anos de traballo en Suíza, 

A Axencia Tributaria española activou a principios de ano unha vía de investigación específica sobre as pensións estranxeiras. Está revisándoas desde 2008, último ano non prescrito, e cursando sancións e multas a centos de xubilad@s galeg@s por non telas declarado. "Ben fose por descoñecemento ou por información errónea, non se declaraban", recoñecen desde a plataforma do Morrazo, comarca onde hai medio 

Toda a información, no Sermos Galiza número 64