venres 03/12/21

A Xunta de Galiza comprométese a incrementar o prezo do leite en xaneiro

A reunión entre o goberno galego, Interprofesional Láctea (INLAC) e as organizacións sindicais Sindicato Labrego Galego (SLG), Unións Agrarias (UU.AA.)e Xóvenes Agricultores (XX.AA.) rematou coa sinatura dun acordo para poder comezar a traballar de xeito conxunto. A Xunta comprométese a vixilar a industria e distribuidores para que non vendan a prezos por baixo do custe de produción e levará a Madrid medidas para mellorar o funcionamento da cadea alimentaria.
Fruga Leite

A reunión entre o goberno galego, Interprofesional Láctea (INLAC) e as organizacións sindicais Sindicato Labrego Galego (SLG), Unións Agrarias (UU.AA.)e Xóvenes Agricultores (XX.AA.) rematou coa sinatura dun acordo para poder comezar a traballar de xeito conxunto. A Xunta comprométese a vixiar a industria e distribuidores para que non vendan a prezos por baixo do custe de produción e levará a Madrid medidas para mellorar o funcionamento da cadea alimentaria.

Sindicatos, Interprofesional Láctea (INLAC) e Xunta chegaron a un principio de acordo para traballar a partir da semana vindeira sobre as reivindicacións que levaron, días atrás, ao este sector a unha folga no rural. Despois da reunión celebrada en San Caetano na que participaron o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, as organizacións sindicais Sindicato Labrego Galego (SLG), Unións Agrarias (UU.AA.)e Xóvenes Agricultores, (XX.AA.), e INLAC todas as partes asinaron un pacto polo que o goberno comprométese a "vixiar" á industria e á distribución do sector lácteo para que non vendan por debaixo dun prezo que cause perdas a [email protected]

Isabel Vilalba, do SLG, asegura que o punto de partida nas negociacións foi prezo. "É un dos temas fundamentais e ven de vello". Para o SLG desta negociación teñen que saír medidas "urxentes" que permitan a recuperación de "máis de 9.000 explotacións mesmo están por baixo deses 29 céntimos e non poden aguantar máis".

O acordo de hoxe permite comezar a traballar sobre unhas bases comúns: o prezo do leite e o incremento de terreos de produción.

O acordo de hoxe permite comezar a traballar sobre unhas bases comúns. "Iso si, con acordos lexislativos". Nas vindeiras sesións conxuntas Isabel Vilalba agarda "medidas reais, non podemos agardar boa vontade dunha industria que fai a súa conta de resultados a base de trasladar uns prezos para a parte máis débil da cadea de valor". 

Os prezos de custe da produción do litro de leite están en 36 céntimos e @s [email protected] non tiñan posibilidade de vender por máis de 29 céntimos. Tiveron que pasar varios días de folga nas entregas do leite e asembleas de [email protected] con algunha que outra desconfianza para co goberno de Feijóo.Segundo informou a conselleira de Medio Rural e do Mar, tamén presente na reunión, "con este acordo en xaneiro o prezo do leite ten que estar por riba do actual". Rosa Quintana engadiu que tamén se aprobou o compromiso de incrementar o número de terreos para forraxes. Estas e outras cuestións falaranse nas mesas de traballo que comezarán a reunirse a partir da semana vindeira.

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Fruga denuncia marxinación

A esta reunión non foi convocada a FRUGA. O seu portavoz, Manuel Dacal, estaba hoxe en Bruxelas e soubo por Sermos Galiza desta convocatoria. "Estásenos excluíndo das roldas de negociación cando nós solicitamos por escrito á conselleira poder participar". Este sindicato non entende os criterios que segue o goberno galego para tratar un tema tan importante como é o do sector lácteo. "Ás labregas e labregos que nós representamos tamén lles afectan as decisión que se tomen e nós non podemos transmitir a súa voz".

A Xunta de Galiza comprométese a incrementar o prezo do leite en xaneiro
comentarios