Competencia frea o 'tarifazo' da luz por "circunstancias atípicas" na poxa

Coida que puideron existir irregularidades no proceso de poxa eléctrica perante "a concorrencia de circunstancias atípicas". A decisión da CNMC podería paralizar un incremento do custe da luz proximo ao 11% a partir de xaneiro.

A Comisión nacional dos mercados e a competencia (CNMC) invalidou esta sexta feira o proceso de poxa eléctrica que este 18 de decembro prevía un notábel incremento do custe da luz. Segundo informou o Ministerio de Industria, a decisión do organismo respode á existencia de irregularidades e "circunstancias atípicas" contrarias aos principios de libre competencia que rexen o mercado e o sector. 

Neste senso, segundo a CNMC o "contexto de prezos elevados" durante as semanas previas e o incremento que o resultado da poxa revertería no custe final da luz para @s utentes poderían dar conta dunha serie de irregularidades no proceso. Porén, a CNMV non ten competencia para anular o resultado que dependerá en última instancia do propio Ministerio. 

A organización en defensa d@s utentes, Facua, xa convocara un apagón para rexeitar máis un aumento do prezo da luz, próximo ao 11%, a partir de xaneiro.

Comentarios