Clun, o nome elexido para a integración de Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto

Cooperativas Lácteas Unidas rexistrarase en decembro como cooperativa de segundo grao e mantén xaneiro como data para comezar a funcionar.

Leite

Cooperativas Lácteas Unidas, Clun, é o nome elexido para nomar a unión das cooperativa Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto, que procura sentar as bases para un grupo lácteo de referencia en Galiza. Representa o 15% do mercado do leite no noso país. En decembro rexistrarase como cooperativa de segundo grao e mantén o 1 de xaneiro como data para comezar a funcionar.

José Ángel Blanco, presidente de Os Irmandiños, informou destas novidades após a xuntanza que mantiveran en Compostela co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e os conselleiros de Medio Rural e Economía, Ángeles Vázquez e Francisco Conde.

Os produtos comercializaranse baixo as marcas Feiraco, Feiraco Únicla e Clesa. A medida que o proxecto se consolide e vaia medrando haberá máis novidades. Este grupo representa 3.500 gandeiros galegos. 

Comentarios