Amancio Ortega terá unha serie en Amazon Prime Video

A serie, de oito capítulos, percorrerá a vida do fundador de Inditex desde as súas orixes ata converterse nun dos empresarios máis relevantes do mundo
Amancio Ortega, fundador de Inditex.
photo_camera Amancio Ortega, fundador de Inditex.

Amazon Prime Vídeo prepara unha serie sobre a vida de Amancio Ortega baseada na biografía escrita por Covadonga O'Shea.

A obra, producida por Ficción Producciones, coa participación da Compañía de Radio-Televisión da Galiza (CRTVG) e da FORTA, constará de oito episodios e percorrerá a vida do fundador de Inditex desde as súas orixes até converterse nun dos empresarios máis relevantes do mundo.

A ficción, aínda sen título oficial, terá guión da ex ministra de Cultura e premio Goya, Ángeles González-Sinde, xunto con Marisol Ferrer, Mercedes Cruz e Daniela Fejerman, e estará dirixida por Norberto López-Amado.

Está por ver se a 'biopic' de Ortega contará os aspectos máis escuros do seu imperio, como a represión sindical, a deslocalización empresarial, a precariedade laboral ou a evasión fiscal, entre outros.

Comentarios